Lenovo presenta un ordenador en formato stick HDMI
martes, 23 de xuño do 2015
Durante o mes de xullo
Lenovo vai pór á venda a un prezo de 129 dólares nos EE.UU. o seu novo Ideacentre
Stick 300, un pequeno equipo informático pensado nun uso doméstico ou para
levar connosco, xa que este ordenador de peto pode resultar de utilidade tanto
para converter un televisor ou monitor cunha entrada HDMI nun ordenador
completo como para poder levar enriba o noso equipo informático para poder
converter contornos alleos no noso espazo de traballo.
Temos asà un ordenador básico, que en potencia pode compararse coas moitas
tabletas con Windows que están emerxendo, pero estando deseñado para un uso
fixo en pantalla grande. O Lenovo Ideacentre Stick 300 mide 100 x 38 x 15
centÃmetros, espazo moi compacto no que conseguen meter un procesador Intel Atom
Z3735F, 2 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, 1
HDMI, 1 micro USB 2.0 e un lector de tarxetas SD, funcionando inicialmente con
Windows 8.1 with Bing, actualizable a Windows 100 a partires do 29 de xullo.
Este tipo de solucións informáticas resultan moi axeitadas para montar equipos
todo-en-un económicos, para TPV, para dotar de capacidades multimedia avanzadas
un televisor no salón ou incluso para levar enriba un ordenador durante as
viaxes (pois chega unha pantalla ou televisor, xunto cun teclado e un rato,
para poder facer uso deste equipo sen ter que cargar cun voluminoso e pesado
ordenador portátil).