LG presentará un móbil-reloxo 3G no CES de Las Vegas

luns, 29 de decembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 58 KB

Nos últimos anos xa veñen chegando ao mercado distintos reloxos de pulso que integran teléfono móbil, aínda que da man de fabricantes pouco coñecidos en occidente coma CECT ou SMS Technology, pero agora é a propia LG a que entra no sector anunciando o que sería o primeiro móbil 3G (con conectividade de ata 7,2 Mbps baixo HSDPA) con este formato.
O LG GD910 terá unha pantalla táctil de 1,43 polgadas, marcación por voz, conversor TTS (texto a voz), Bluetooth, reprodución de MP3, cámara de vídeo (que permitiría a realización de videochamadas), un grosor de só 1,39 centímetros e mesmo é resistente á auga.
Este impresionante móbil presentarase no CES de Las Vegas e a súa comercialización se iniciaría por Europa, facendo que os seus usuarios se sintan como Dick Tracy ou mesmo Michael Knight falando polo seu reloxo (aínda que entendemos que o seu uso natural sería a través de mans libres Bluetooth).

JPEG - 51.2 KB

PUBLICIDADE