John’s Phone, ¿un móbil parvo?
luns, 25 de outubro do 2010
Mentres os móbiles
melloran incorporando funcionalidades avanzadas e unha conectividade moi
completa, moitos usuarios prefiren limitar o seu uso ás chamadas de voz,
obviando incluso as mensaxes de texto, e de cara a tal uso minimalista chega o John’s Phone, un terminal deseñado por
John Doe Amsterdam, que incluso é difÃcil consideralo coma un móbil completo,
pois limÃtase a presentar unha pantalla dunha única liña, un teclado básico
(coa posibilidade de establecer números de marcado rápido) e unha baterÃa
recargable, que está xa á venda por 69,95 euros, o que parece un prezo bastante
elevado polo terminal máis básico que podemos atopar no mercado.
Nin SMS, nin calculadora, nin alarma… o John’s Phone non ten ningunha destas
funcións, e limita
o seu uso a realizar chamadas telefónicas dun xeito doado, o que
posiblemente convencerÃa a certos usuarios tecnófobos,
pero que poderÃan afastarse deste curioso terminal por mor do seu elevado
prezo.