IKEA venderá estores conectados
luns, 7 de xaneiro do 2019
Unha das compañÃas que mellor está a saber ver a
tendencia dos fogares conectados é IKEA, que paseniñamente vai introducindo produtos
que contribúen claramente á adopción da domótica como as súas lámpadas
conectadas, e agora, nalgúns paÃses europeos, e sen realizar grandes anuncios,
están a introducir os estores FYRTUR, que
non só están motorizados, senón que tamén poden controlarse mediante mandos sen
fÃos (un mesmo mando pode controlar até 10 estores)
e incluso son compatibles coas centraliñas de domótica TRÃ…DFRI, facilitando asÃ
o control a través do móbil ou incluso tirando proveito de Alexa (Amazon), o HomeKit
de Apple ou Google Home.
É de esperar que o produto estea proximamente dispoñible no mercado español.