Helen Crompton impartirá no CITIC unha conferencia sobre Intelixencia Artificial na docencia
mércores, 8 de febreiro do 2023
O
vindeiro 22 de febreiro o
Centro de Investigación da UDC (CITIC) acollerá a conferencia
Artificial Intelligence in Education que estará
impartida pola profesora da Old Dominion University Helen Crompton. A
sesión, que dará comezo ás 17.00 horas, abordará as
consideracións sobre o uso da IA na educación (AIEd), o que pode
achegar ou os desafÃos éticos que expón.
Presentaranse
os resultados de dúas revisións sistemáticas sobre este tipo de
ferramentas e sistemas avanzados no ensino primario e secundario, e a
IA no ensino superior. Amais, ofrecerase información contextual,
como o interese xeográfico pola AIEd, os niveis académicos e as
disciplinas, a quen vai dirixida a IA e as tendencias no uso da IA de
fronte ao futuro e as súas implicacións éticas.
Helen
Crompton é profesora asociada de tecnoloxÃa educativa e doutora en
educación matemática e tecnoloxÃa na educación da Old Dominion
University de Norfolk, Virginia. Centra a súa investigación na
aprendizaxe con tecnoloxÃas como os dispositivos móbiles, a
Intelixencia Artificial e a Realidade Virtual. É directora do
Technology Enhanced Learning Lab (TELL) e do Virtual Reality Lab.
A
entrada é libre ata completar aforo.