Halo 4 inspira unha edición limitada da Xbox 360
luns, 16 de xullo do 2012
Microsoft tamén quixo aproveitar o escaparate da Comic-Con
de San Diego, e anunciou a pasada fin de semana que o vindeiro 6 de novembro vai
pór á venda unha edición especial da súa consola Xbox 360 para celebrar a
chegada do xogo Halo 4, que
contará cun deseño inspirado na franquÃa do Xefe Mestre (disco duro de 320 Gb e
Wi-Fi), 2 mandos sen fÃos cun deseño na mesma liña, auriculares con micrófono, numerosos
contidos descargables e, por suposto, o novo xogo da saga Halo, que principiará unha nova historia. Esta edición limitada da
Xbox 360 terÃa grande atractivo para os seareiros de Halo, que no caso de non facerse co lote completo tamén terán a
posibilidade de mercar os mandos sen fÃos de xeito independente, que incluirá
tamén contidos descargables adicionais.
Nos EE.UU. o prezo da Xbox 360 de Halo 4
será de 399,9 dólares, mentres que os mandos sen fÃos soltos custarán 59,99
dólares. É de agardar que tamén chegue a Europa, previsiblemente a un prezo de
319,95 euros o lote e 49,95 euros o mando solto.
- O mando especial de Halo 4 poderá adquirirse por separado
- O lote da edición limitada da Xbox 360 é bastante completo