HOEMPO e #PonteLovers soben ao marketplace pontevedrés os locais que fan entregas de comida

mércores, 11 de novembro do 2020 S. P.

A Concellería de Promoción Económica e Turismo, a través da plataforma #PonteLovers, e a Asociación de Hostelería de Pontevedra (HOEMPO), en colaboración cos colectivos empresariais da cidade, impulsaron un directorio online que dea a acubillo a todos os servizos de envío de comida a domicilio ou recollida en local, ou ben que desexen facelo e non saiban como. A primeira fase deste proceso de confección do directorio consiste na recollida de información sobre os negocios interesados, para o cal estase a distribuír, vía correo electrónico e Whatsapp, un formulario que inclúe os datos dos establecementos. Esta información poderá ser remitida até o día 12.
Tal e como explicou a concelleira Yoya Blanco, unha vez confeccionado, o directorio de establecementos hostaleiros poderá consultarse no mercado en liña E-Ponte.com e máis nas páxinas web e redes sociais de HOEMPO, Concello de Pontevedra, #PonteLovers, AJE, Aempe, CCU ZM, Cámara de Comercio e Proxecto ILES. “No caso de que os locais non teñan entrega a domicilio e queiran tela, ofreceráselles axuda e asesoramento para poñela en marcha”, subliñou a concelleira.

PUBLICIDADE