O Primeiro de Abril é un día de numerosas bromas na Internet, e dado que en Australia e Xapón van con horas de adianto puidemos coñecer anticipadamente a traballada trasnada que prepararon dende Google este ano, que consiste na produción dun vídeo no que anuncian a incorporación en Google Maps da tecnoloxía que facilita participar nun Desafío Pokémon¸no que convidan aos adestradores Pokémon de todo o mundo a percorrer o globo coa aplicación de mapas de Google para iOS ou Android para cazar o meirande número de criaturas Pokémon antes de que chegue o 2 de abril.

Pese a que estamos nunha broma, non deixa de ser curioso que Nintendo colaborase con Google para permitir o uso das súas criaturas coleccionables, pois as compañías nipoas tenden a ser excesivamente proteccionistas coas súas marcas.
O vídeo de Google co gallo do Primeiro de Abril
Google celebra o Primeiro de Abril instando á caza de criaturas Pokémon
Compartir Este Artigo

