Google Play celebra os seus 25.000 millóns de descargas
mércores, 26 de setembro do 2012
- Evolución das descargas en Google Play
A tenda de aplicacións para Android de Google, que alberga a
máis de 675.000 aplicacións e xogos, anuncia que hoxe superou
os 25.000 millóns de descargas, o que serve para reflectir publicamente o
grande crecemento que tivo esta plataforma nos últimos anos ata converterse no
principal sistema operativo para smartphones
ao saber chegar a un público moi amplo grazas ao grande abano de terminais nos
que está dispoñible.
Para celebrar este grande volume de descargas dende Google Play decidiron
lanzar unha serie de ofertas de produtos descargables a 25 centavos, que nos
EE.UU. inclúe 25 pelÃculas, 25 libros, 25 discos de música e 25 revistas, xunto
cunha selección
de aplicacións que no caso español chegan a 0,25 euros e que incluirÃa
xogos como Angry
Birds Space Premium e Asphalt
7: Heate aplicacións de grande
utilidade como OfficeSuite
Pro 6 (PDF &HD).