Galite celebra en Foz as II Xornadas de software libre
luns, 12 de abril do 2010
O vindeiro sábado 24 de
abril, a vila lucense de Foz acollerá as II
Xornadas de software libre, que organiza o Grupo
Asociado pola Libre Información e a TecnoloxÃa, Galite, para animar aos
veciños e veciñas do lugar a empregar no seu dÃa a dÃa este tipo de programas
en lugar dos privativos ou os pirata.
As xornadas, que son de
balde para todo o mundo, terán lugar na Casa da Xuventude de Foz a partir das
12:00 horas e constarán de tres relatorios, aos que poderá asistir
calquera persoa con interese en afondar nas tecnoloxÃas libres.
Os primeiro dos relatorios, que dará
comezo ás 12:00 horas, será o que leva por tÃtulo Software libre como alternativa económica, dirixido a achegarlle ás
pequenas e medianas empresas da zona as alternativas TIC libres existentes para
aumentar a súa competitividade a un custo menor.
As persoas asistentes a este relatorio
poderán comprobar de primeira man as utilidades de programas como o Sugar CRM, o OpenBravo ou o SdSimple, aplicativo moi básico para a
realización de facturas de maneira rápida e doada.
A continuación, ás 13:00 horas, o
programa recolle a celebración do relatorio Comezando
con GNU/Linux, onde o conferenciante tratará de dar unha visión de conxunto
de cómo traballar nun contorno libre co sistema operativo Ubuntu.
Por último, do redor das 16:00, dará
comezo o último dos relatorios: Introdución
ao deseño con ferramentas libres, no que se fará unha introdución ao deseño
gráfico a través de aplicativos con licenza libre como Gimp, para o retoque fotográfico, Inkscape, para o deseño vectorial, e Scribus para a maquetación.