Fujitsu presenta o Scaleo EV coma un PC para o salón
luns, 18 de maio do 2009
Fujitsu-Siemens finalmente trae
a España os seus equipos Scaleo EV, que están orientados á súa colocación
no salón do fogar coma un vÃdeo ou un reprodutor de DVD, pois o seu formato
achégase ao deste tipo de dispositivos de electrónica de consumo, pero sen
deixar de contar coa potencia e versatilidade dun PC compatible con Intel Viiv
1.6.
Os Scaleo
EV funcionan cun procesador Intel Core 2 Duo, saÃdas de vÃdeo por HDMI,
VGA, euroconector e compoñentes, conectividade FireWire, eSATA, USB 2.0 e Wi-Fi,
ata 750 Gb de disco duro, sintonizadora de televisión (con capacidades de
gravación e time shifting) e a
posibilidade de contar cunha regravadora de DVD ou unha unidades de Blu-ray.
Estes equipos son bastante silenciosos e inclúen un teclado sen fÃos cun touchpad (para
suplir o rato) e un mando a distancia para a reprodución multimedia.