Finetwork ofrece un importante desconto aos clientes con fibra directa

luns, 18 de marzo do 2024 Marcus Fernández

Nos territorios nos que Digi conta con rede de fibra de seu existen as ofertas da chamada Fibra Smart, de xeito que pode contratarse fibra de 500 Mbps por 15 euros/mes (incluíndo móbil con 15 GB de datos e chamadas ilimitadas por 20 euros/mes) e dende o operador de baixo custo Finetwork queren replicar esta fórmula, polo que por tempo limitado está a lanzar unha importante oferta para os usuarios que estean en zonas onde ten cobertura a fibra de Vodafone (operador a través do que ofrecen os seus servizos).
A oferta de Finetwork consiste concretamente nunha conexión doméstica de fibra de 600 Mbps e móbil con chamadas ilimitadas e 55 GB de datos (acumulables) por só 24,90 euros/mes, coa posibilidade de engadir liñas móbiles adicionais por dende 3,90 euros, manténdose estas condicións (que supoñen un desconto mensual de 15 euros) de xeito definitivo.
A promoción inclúe a conta de alta, a instalación do router e ten un compromiso de permanencia de unicamente 3 meses.

PUBLICIDADE