FÃltranse imaxes do novo Kindle de Amazon
luns, 11 de abril do 2016
Hai uns dÃas Jeff Bezos
adiantou que esta semana dará detalles sobre a 8ª xeración do seu lector de
libros electrónicos, o Amazon Kindle, e as xa hai filtracións sobre o novo
produto, que terÃan chegado a través da páxina xaponesa de Amazon, onde apareceu
listado accidentalmente o Kindle Oasis, de xeito que o nome clave que se
coñecÃa até o momento (Whiskey)
corresponderÃa só ao produto en desenvolvemento.
Algúns entenden que o nome de Oasis poderÃa significar que estamos ante un
lector de libros electrónicos resistente á auga, que era do pouco que podÃa
deducirse da filtración até que xurdiron
varias imaxes que amosan detalles do produto, que amosa unha aparencia
bastante peculiar, na que o trebello dividirÃase en dúas partes: unha cun
grosor de só 3,4 milÃmetro e outra cun grosor de 8.5 milÃmetros (onde estarÃan un
par de botóns de control alargados e presumiblemente o seu hardware principal e
baterÃa, resultando tamén a zona máis cómoda para o seu agarre.
Outro detalle curioso é que o deseño estarÃa pensado para ser ambidextro, de
xeito que poderá xirarse en función da man coa que desexemos suxeitar o
eReader. Este trebello con pantalla de 6 polgadas cunha resolución de 300 dpi
pesarÃa só 131 gramos, o que supón unha mellora considerable fronte aos 180
gramos do Kindle Voyage, polo que estamos ante un dispositivo que resulta
principalmente destinado aos lectores máis intensivos.