FECYT organiza en Boiro un obradoiro para fomentar a actitude innovadora

xoves, 19 de xaneiro do 2012 Raquel Noya

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) vén de por en marcha un ciclo de obradoiros cos que fomentar a actitude innovadora en dez localidades españolas, e para sorpresa de todos, unha das escollidas foi Boiro, onde terá lugar, esta mesma tarde, un taller enfocado ao medio ambiente e a reciclaxe.
O proxecto Cidades con actitude innovadora, consiste en levar a cabo por todo o Estado unha serie de sesións nas que se busca a xeración de ideas innovadoras para o benestar das cidades, das súas empresas e da cidadanía en xeral.
Coa axuda dos principais axentes implicados, a entidade busca que das sesións de creatividade saian ideas tecnolóxicas coas que solucionar os principais problemas que xorden nas cidades, a fin de dar cun modelo de colaboración máis amplo e efectivo.

PUBLICIDADE