Este venres desaparece LV como publicación diaria, que pasará a ser semanario e centrarse na Rede
venres, 25 de xaneiro do 2013
Finalmente (e tristemente) está a
piques de esmorecer o último xornal, con publicación diaria,
escrito en galego. Falamos de LV
De Luns a Venres,
publicación de balde do Grupo El Progreso que este 25 de xaneiro,
venres, achega o seu último número na rúa como diario. A partir do
8 de febreiro, segundo
informan os seus responsábeis, aparecerá con feitura de
semanario. A maiores, tentarase manter viva a experiencia a través
da Rede, na web de seu,
onde, a tenor do que informa El Progreso, vaise proceder a reforzar a
información diaria, ao tempo que se mantén a aposta polo idioma
galego.
A desaparición do
xornal como publicación diaria está a ser lamentada dende diversas
frontes sociais, profesionais e culturais do país. Nesta liña
sitúase por exemplo o Colexio
Profesional de Xornalistas de Galicia, que
lle
desexa “os
mellores ventos á nova travesía de LV”,
aínda
que
non pode menos que laiarse da
desaparición do último dos xornais diarios en galego, despois de
seis anos de presenza constante nas sete principais cidades do noso
país.
“Sobre
todo”,
informa,
“cando
esa desaparición non obedece á falta de receptividade e apoio dos
lectores, xa que, segundo asegura o propio medio no seu derradeiro
número, pechou o ano 2012 como o xornal de maior crecemento da
prensa de Galicia, segundo o Estudio General de Medios (EGM), cun
34,29% de suba, que lle permitiu acadar os 38.000 lectores".
Outros
7.000 recibían o xornal a diario nos seus correos electrónicos,
engade.
O Colexio tamén recorda que “por
moito que se compense con reforzos e apostas dixitais, unha
medida como este
leva aparellada despedimentos de profesionais; para
eles a nosa solidariedade e o noso apoio xurídico”.