En marcha unha nova web que reflicte pictoricamente o Nadal de Vigo
xoves, 20 de febreiro do 2020
Vigo
segue alumeado mesmo cando xa non o está. Este xoves 20 de febreiro
comezou a súa andaina na Rede a web www.vigoiluminado.com,
un emprazamento virtual que será o lugar ao que acudir, en calquera
época do ano, para todas todas aquelas persoas que non tiveron
oportunidade de acudir á mostra pictórica que inmortaliza estes
días o estoupido lumínico da cidade galega durante o Nadal. Este
proxecto foi presentado polo alcalde Abel Cabaleiro, o comisario da
exposición, o artista Mingos Teixeira, e a pintora Isabel Rey.
O
obxectivo, sinalaron, é prolongar a dita exposición Vigo
Iluminado, que estará aberta ao público até o remate de marzo
na sala de exposicións das dependencias da alcaldía, en horario de
mañá.
A
páxina web, ademais, ten conexión directa cos cadros da mostra,
cuxos códigos QR remiten aos visitantes a vigoiluminado.com. En
palabras dos seus creadores, “é un espazo onde poder compartir o
que foi a experiencia navideña na cidade”.