En abril teremos un xogo de pinball de Star Wars en VR
xoves, 25 de marzo do 2021
Dende
hai anos Zen Studios destacou polos seus simuladores de máquinas de pinball,
que inicialmente eran recreacións de máquinas clásicas, pero que foron
evolucionando en máquinas imposibles de crear na realidade, xa que algúns dos
seus elementos incluÃan efectos especiais fantásticos, dando lugar á franquÃa Pinball FX que conta con varias entregas que inclúen unha serie básica de mesas (coa
opción de adquirir mesas adicionais) e que nos últimos tempos incluso conta con
versión de realidade virtual, o que van aproveitar ara lanzar un interesante
recompilatorio de mesas cunha temática moi especÃfica: Star Wars Pinball VR.
Este novo xogo de realidade virtual chegará o 29 de abril a Steam
VR, PlayStation VR e Oculus Quest
1 e 2, incorporando 8 mesas baseadas en pelÃculas e series de televisión do
universo de Star Wars, sen esquecer a recente The Mandalorian, e que poden xogarse como se fosen máquinas de pinball reais nun
contorno virtual no que incluso está dispoñible unha gramola con música de John
Williams.
AÃnda que esteamos afeitos a que a realidade virtual se empregue en videoxogos
como unha tecnoloxÃa para visitar en primeira persoa mundos fantásticos, o
feito de empregar este punto de vista para replicar máquinas recreativas en
formato fÃsico resulta moi satisfactorio, e poderÃa equipararse á experiencia dos
simuladores de voo ou de condución, coa diferenza de que cos pinball en VR o
que temos realmente é un xogo dentro doutro xogo, concepto que pode resultar un
tanto rechamante.
Tráiler de presentación de Star Wars Pinball VR