En Ribeira licitada a renovación das infraestruturas de telecomunicacións na Casa do Concello
martes, 13 de xullo do 2021
O
Concello de Ribeira licitou
unha nova actuación dirixida á renovación e actualización das
infraestruturas de telecomunicacións no
Consistorio.
Esta actuación realízase “como resposta a un uso cada vez máis
intensivo das TIC (Tecnoloxías
da Información e a Comunicación)
polos servizos municipais e por parte da sociedade en xeral”.
A
intervención, que se enmarca na Liña 12 da EDUSI Máis Ribeira
Atlántica2020, conta cun orzamento base de licitación de 100.000
euros, IVE incluído, e está co-financiada nun 80% polos fondos
FEDER dentro do Programa Operativo Plurirrexional de Europa (POPE)
2014-2020.
En
liñas xerais, a execución recolle accións como a adecuación do
Centro de Procesamento de Datos (CPD) ou Data
Center
existente, que se sitúa na Casa do Concello, co
obxectivo de “mellorar a robustez, a fiabilidade e a seguridade do
mesmo”; e a
reestruturación e renovación do cableado do
Consistorio, por medio dunha solución de cableado estruturado que
partirá do CPD e que permitirá optimizar o largo de banda e a
escalabilidade da rede, así como garantir a flexibilidade e a
calidade na xestión. Tamén se contempla a
subministración, instalación e cableado de cargadores USB e
cargadores sen
fíos
para dispositivos móbiles nas columnas.
Por
esta razón, as empresas interesadas dispoñen ata o 6 de xullo á
media noite para presentar as súas ofertas a través do Sistema de
Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).