Denuncian que Anthem provoca problemas en múltiples consolas PS4
luns, 4 de marzo do 2019
O
lanzamento de Anthem está a ser
moi polémico ante a evidencia de que estamos ante un xogo que, pese a ser unha
superprodución, semella estar sen rematar, presentando numerosas carencias que
non resultan aceptables para un xogo final, ás que agora súmanse problemas
técnicos en PlayStation 4 que en momentos moi puntuais levan ao bloqueo
completo do xogo, o que poderÃa
chegar incluso a deixar inutilizada a consola.
Polo que denuncian bastantes usuarios, Anthem
presenta erros que levan ao reinicio da consola, o que en ocasións leva a
recibir unha advertencia sobre un apagado indebido da máquina, como se alguén tirase
do cable de alimentación durante o seu uso, o que cando menos nun caso provocou
que a PS4 non puidese volver a funcionar con normalidade, o que resulta
especialmente grave, xa que un fallo nun xogo provocarÃa ter que levar a consola
ao servizo técnico.
Os fallos técnicos de Anthem levaron
a moitos usuarios a pedir unha devolución dos cartos pagados polo xogo, cando
menos se o adquiriron en formato descargable, cun resultado bastante desigual,
de xeito que varios conseguiron
con éxito o reintegro, mentres que outros atoparon unha incomprensible
negativa da empresa que semella razoable que realice algún tipo de declaración
ao respecto nos vindeiros dÃas, xa que estariamos ante un tipo de problema cun
xogo que está lonxe do ordinario.
ACTUALIZACIÓN: Electronic Arts recoñece a existencia dos problemas con Anthem en PS4 e asegura estar a investigalos.