Dell poderÃa lanzar un mini-tablet
xoves, 28 de xaneiro do 2010
Co gallo do
lanzamento do iPad, moitos fabricantes preparan liñas de produto na mesma
dirección, e leva un tempo falándose do Dell Mini 5, que encaixarÃa no que ata
hai pouco chamabamos MID pero que algúns colocarán agora na familia dos tablet, e que poderÃa terse filtrado
nunha páxina web chinesa na que aparece identificado coma Model M01M, e que terÃa unha pantalla táctil
de 5 polgadas cunhas resolución de 800 x 480 pÃxeles, procesador (¿Snapdragon?)
a 1 GHz, Wi-Fi, Bluetooth, 3G, cámara de 5 MpÃxeles con dobre flash LED, cámara
frontal, baterÃa de 1.530 mAh e sistema operativo Android 1.6. Tamén aseguran
que venderÃase a 7.500 iuans (786,17 euros) e, para botar unha ollada máis
directa ao produto, a
xente de TechCrunch puido rexistrar en vÃdeo o que usa o propio Michael Dell,
quen negouse a dar detalles técnicos do
dispositivo, aÃnda que asegurou que chegarÃa ao mercado occidental «en poucos meses», polo que parece que
nos vindeiros meses moitos fabricantes van experimentar con novos tamaños de
dispositivo.
|
- Comparación de tamaño entre o novo Dell Mini 5 e o iPhone publicada nunha páxina web chinesa