Crean unha certificación para os televisores 8K
xoves, 2 de xaneiro do 2020
Os fabricantes de televisores queren introducir nos mercados
numerosos modelos con resolución 8K, e para pór certa orde está a 8K
Association (8KA), consorcio
que anuncia un programa de certificación, de xeito que confÃan en que ao
longo deste ano os principais fabricantes de electrónica de consumo coloque o
logotipo desta certificación nos televisores 8K que poñan á venda ao longo de
2020. Esta especificación esixe unha resolución de vÃdeo de 7.680 x 4.320
pÃxeles, un brillo superior aos 600 nits, HDMI 2.1 e soporte de codificadores
de vÃdeo de alta eficiencia (HEVC).
Pero a 8KA non quere limitarse a este programa de certificación, senón que
tamén procurará a colaboración entre os distintos axentes para facilitar a adopción
de tecnoloxÃas de streaming eficiente en 8K, emprender iniciativas que acheguen
aos consumidores contidos de alta calidade que promovan o ecosistema 8K e crear
contidos que sirvan de promoción das posibilidades do 8K.
Polo momento a 8KA está composta polos 5 meirandes fabricantes de paneis de
televisores, sendo
o primeiro en saÃr á palestra Samsung, que asegura que os seus televisores QLED
8K serán os primeiros certificados pola 8KA. A vindeira semana, no marco do CES
de Las Vegas, espérase ver varios dos televisores 8K de Samsung, entre os que
destacarÃa un televisor practicamente sen marcos, seguindo a liña que perseguen
os fabricantes nos últimos anos.