Craig Wright recoñece ser o creador de Bitcoin
luns, 2 de maio do 2016
Durante os últimos anos hai un grande enigma ao redor da
criptomoeda Bitcoin: Quen é o seu creador? Cal é a identidade real de Satoshi
Nakamoto? Aínda que hai un par de anos a revista Newsweek aseguraba que a súa
identidade correspondía a un home xaponés-americano de 64 anos que vivía en
California (información
desmentida rapidamente polo propio Satoshi) e o ano pasado a
revista Wired revelaba unha serie de evidencias que apuntaban a que Nakomoto
era o emprendedor australiano Craig Steven Wright, a quen se consideraba “un
ninguén” no mundo de Bitcoin, pero que agora recoñece o seu rol de
xeito público.
Craig Wright puxo fin a anos de especulacións ante a BBC, The Economist e GQ,
ante os que probou ser Satoshi Nakamoto, por exemplo, asinando mensaxes coas
claves empregadas nas primeiras transaccións con bitcoins. Deste xeito Wright
recoñece querer deixar atrás toda a polémica sobre a identidade do creador de
Bitcoin, que levou a que tanto xornalistas como investigadores públicos
escrutasen a vida de Wright e dos seus coñecidos, aos que quere evitar os
prexuízos de tal persecución.
Deste xeito, Wright insiste en que non sae á luz polo seu gusto, xa que veuse
obrigado, engadindo: “Quero traballar, seguir facendo o que fago. Non quero
cartos. Non quero fama. Non quero adoración. So quero que me deixen so”.
Vídeo no que Craig Wright recoñece ser o creador de Bitcoin ante a BBC