Correos comercializa xa servizos de fibra e móbil nas súas 2.370 oficinas

martes, 19 de abril do 2022 S. P.

Correos comunicou o inicio da comercialización da súa oferta de servizos de telecomunicacións de fibra e móbil a través da filial Correos Telecom. O servizo achégase na súa rede de 2.370 oficinas co obxectivo de “achegar novos servizos aos cidadáns que lles faciliten o seu día a día”. Esta nova liña de actividade de Correos tamén se pode contratar a través da web da operadora da empresa pública.
Fin da fase piloto
Tras a posta en marcha dunha fase piloto durante todo o mes de marzo en 9 oficinas de Mallorca, iniciouse a despregadura en toda a rede a nivel nacional “cunhas condicións de lanzamento especiais”, en palabras da empresa, que indica que os clientes que contraten estes servizos a través das oficinas de Correos gozarán “dunha oferta atractiva e moi competitiva no mercado e se, ademais, son empregados do Grupo Correos, poderanse beneficiar de condicións exclusivas”.
A oferta dirixida ao mercado empresas que, na actualidade, conta con 5.000 quilómetros de fibra en todo o territorio nacional, amplíase desta forma ao mercado residencial mediante a introdución de novos produtos e servizos de Internet e telefonía móbil con cobertura a nivel nacional.

PUBLICIDADE