Conachán, o 4chan galego
mércores, 1 de decembro do 2010
Na web
existen distintos foros nos que compartir contidos e montar rebumbio, de xeito
que nos últimos meses, aparte de WikiLeaks, tamén escoitarmos falar de
distintas campañas e bromas que naceron de espazos coma forocoches.com e
4chan.org, sendo este último pouco popular en España, pois o seu uso principal
é a publicación de imaxes e comentarios sobre manga e anime, aÃnda que o feito
de que os contidos de carácter efémero (grande diferenza deste imageboard sobre os foros web tradicionais)
poidan publicarse de xeito anónimo instou a moitos activistas a utilizar esta
ferramenta para as súas actividades (coma un ataque DDoS ás
páxinas web da SGAE e do Ministerio de Cultura), especialmente se teñen un
certo ton humorÃstico, e nesta última liña chega Conachán,
unha web que podemos definir coma o 4chan
galego, no que podemos publicar textos e imaxes nun taboleiro no que predomina
o humor.
Os usuarios poden publicar imaxes de ata 1 Mbytes en GIF, JPEG ou BMP, aÃnda
que aparecerán redimensionadas a un tamaño máximo de 200 x 200 pÃxeles, e polo
momento non faltan fotografÃas con personaxes de series e programas da TVG, polÃticos galegos e numerosas manipulacións
fotográficas, asà como algunhas imaxes que só resultan graciosas tras ler o
texto que as acompaña. Temos asà un novo referente para un humor galego sen
artificios.
- Os personaxes televisivos e os polÃticos son obxecto de moitas bromas en Conachán