China poderÃa lanzar en breve un smartphone de Pepsi con lector de pegadas dixitais
luns, 23 de novembro do 2015
AÃnda que nun principio parece que a súa distribución vai
limitarse ao mercado chinés, unha campaña de micromecenado
poderÃa facer posible que en pouco máis dun mes vexa a luz o primeiro pepsi
Phone, que chegará en versións P1 (para usuarios do operador China Mobile) e
P1s (válido para outros operadores, no que poderiamos considerar unha versión
internacional).
O pepsi
Phone P1s serÃa un smartphone con pantalla Full HD de 5,5 polgadas,
procesador MediaTek MT6592 de 8 núcleos a 1,7 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD), dobre SIM (ten
espazo para 2 tarxetas nano SIM, podendo empregarse o segundo espazo para unha
tarxetas microSD), cámaras de 13 e 5 MpÃxeles, lector de pegadas dixitais,
baterÃa de 3.000 mAh, un grosor de 7,7 milÃmetros e un peso de 158 gramos. Este
smartphone 4G estarÃa na liña de moitos outros smartphones chineses que
chegaron ao mercado nos últimos meses, diferenciándose por funcionar con dido
OS 6.1 (sistema operativo baseado en Android 5.1).
O prezo deste smarphone partÃa dos 699 iuans (102,77 euros), aÃnda que
actualmente está en 999 iuans (146,88 euros) pasando logo aos 1.299 iuans
(190,99 euros), prezos bastante atractivos para un terminal tan completo. O
teléfono sairá á venda en tres cores distintas (azul, ouro e prata) sempre que
a súa campaña de micromecenado consiga superar os 3 millóns de iuans (441.090
euros) antes do 3 de decembro.
- O pepsi Phone P1s contará con lector de pegadas dixitais, prestación rechamante para un terminal tan económico