Burnout Paradise permitirá conducir o DeLorean de Regreso al Futuro
luns, 10 de novembro do 2008
Non conformes con
que
Barack H. Obama se anunciase dentro do xogo Burnout
Paradise, os seus creadores anunciaron para o ano que vén
comezarán a distribuír o paquete
de ampliación descargable Legendary Cars
no que se incluirán coches de lenda coma o Calvary Bootlegger, o Manhattan
Spirit, o GT Nighthawk ou mesmo unha réplica do DeLorean das películas de Regreso al Futuro, que incluso é capaz
de saír voando.
Para recrear un dos vehículos máis coñecidos do cine, dende Criterion Games se
basearon no Jansen 88
(modelo moi semellante ao orixinal DeLorean
DMC-12) que incluso deixará marcas de lume no chan para lembrar máis á
triloxía de Michael J. Fox.
Os 4 automóbiles do paquete Legendary
Cars se poderán mercar en conxunto ou por separado, sendo unha interesante
incorporación que axuda a manter este videoxogo que xa leva no mercado bastante
meses.
- A réplica do coche de Regreso al Futuro incluso poderá voar ou deixar marcas de lume no chan