BFAero abre o prazo de presentación de candidaturas para a súa 4ª edición
mércores, 15 de xuño do 2022
A Business Factory Aero (BFAero), programa de incubación,
aceleración e consolidación de empresas especializado en vehÃculos non
tripulados da Xunta de Galicia, abre
hoxe oficialmente o prazo de inscrición na súa cuarta edición cun enfoque
máis internacional e buscando sinerxÃas co Polo Aeroespacial de Galicia, co
obxectivo de potenciar o ecosistema tecnolóxico ao redor do Polo, facendo da
BFAero un referente de innovación aberta e disruptiva no sector na Unión
Europea.
Desde hoxe e até o 15 de agosto ás 14:00 horas,
emprendedores e emprendedoras, startups e empresas cunha idea innovadora con
vehÃculos non tripulados poden presentar a súa candidatura a través da web
www.bfaero.es, onde tamén se poden consultar as bases da convocatoria.
A BFAero, en colaboración coa Fundación CEL Iniciativas por
Lugo favoreceu, nas súas tres primeiras edicións, a participación de 19
empresas, a creación de oito start-ups e un investimento de 5M€. Coa cuarta e a
quinta convocatoria, que contan cun investimento total de 7,2 M€, o obxectivo é
apoiar un total de 25 empresas do sector.
Esta cuarta edición, na que se apoiarán ata 11 proxectos,
conta cun itinerario de incubación de 12 meses, dirixido fundamentalmente a
proxectos de emprendemento no sector aeroespacial (tanto spin offs, como start
ups e spin outs) e un itinerario de aceleración de oito meses para empresas que
xa dispoñan dun produto mÃnimo viable. Como novidade establécese unha novo
itinerario de consolidación de catro meses para empresas cunha antigüidade
máxima de ata sete anos con alta capacidade de crecemento internacional.
Os proxectos seleccionados nesta cuarta edición da BFAero
disporán do apoio económico da Xunta de Galicia. En concreto, no programa de
incubación accederán a axudas por parte da Axencia Galega de Innovación de
40.000 €. No caso dos proxectos de aceleración, poderán acceder a apoios de ata
60.000 € da Axencia Galega de Innovación e a préstamos participativos ou
capital risco de ata 50.000€ de Xesgalicia e, nos de consolidación, 30.000€ de
axudas por parte de Gain e ata 250.000 de financiamento de Xesgalicia.
Ademais, todos os proxectos seleccionados, independentemente
de que participen na modalidade de incubación, aceleración ou consolidación,
beneficiaranse dun bono de 10.000€ para empregar servizos e infraestruturas do
Polo Aeroespacial de Galicia, os que se inclúen horas de voo ou apoio en
certificacións do sector. Ademais, contarán cun completo programa de formación
e con titores especializados no sector aeroespacial.