Aseguran ter vulnerado a seguridade de numerosas páxinas web de entidades públicas españolas

mércores, 13 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

O grupo Digital Research Team anunciou a través de Twitter que conseguiron vulnerar a seguridade dunha serie de páxinas web de universidades e organismos de España e Venezuela, incluíndo entre as institucións a entidades tan relevantes como o Ministerio de Xustiza, o Ministerio de Asuntos Exteriores, a Axencia Tributaria, a Generalitat de Catalunya, a DGT e mesmo a Ciudadanos.
Estamos ante o que semella un caso de hacking ético, xa que o grupo só está a dar conta de numerosas vulnerabilidades en espazos web para instar á súa corrección, asegurando que non darán detalles en público sobre como explotar os fallos de seguridade detectados.
Aínda que non hai confirmación de que as vulnerabilidades sexan certas, inclúen informacións na que dan a entender que hai moita información persoal que poden conseguirse a través das diferentes páxinas web, aínda que semella moi probable que realmente esteamos ante datos publicados con pouco tino nas páxinas web mencionados, de xeito que sería posible acceder a eles a través de buscas en Google e outras técnicas moi básicas.

PUBLICIDADE