As tendas deberán informar axeitadamente aos consumidores cando vendan televisores sen TDT

venres, 30 de maio do 2008 Marcus Fernández

As asociacións de consumidores están a denunciar estes días que algúns establecementos comerciais non informan convenientemente aos seus clientes sobre a chegada da TDT, de xeito que os consumidores non son conscientes dos problemas derivados de adquirir un televisor sen sintonizador de Televisión Dixital Terrestre, pois a televisión analóxica podería quedar obsoleta a partir de abril de 2010, polo que omitir tal detalle podería supor unha sanción administrativa para os establecementos que non informen axeitadamente.
Esta preocupación se reflicte dun informe elaborado polo Instituto Nacional de Consumo, que detectou algunhas prácticas comerciais nas que se venden televisores a baixo custo sen informar que precisará dun receptor adicional para poder ver a televisión nos vindeiros anos, o que suporía un gasto adicional e unha importante molestia para o usuario.

PUBLICIDADE