Apple eliminou Tumblr da App Store por ter distribuído pornografía infantil

martes, 20 de novembro do 2018 Marcus Fernández

A semana pasada Apple eliminou da súa tenda de aplicacións móbiles a Tumblr, plataforma social con moitos anos de actividade, o que foi toda unha sorpresa para moitos, levando a que xurdiran rumores relativos á que Apple podería ter bloqueado a aplicación por ter facilitado a distribución de contido para adultos.
Finalmente dende Tumblr saíron á palestra para recoñecer os problemas coa súa aplicación de iOS e dar explicacións sobre o acontecido. O problema tería sido máis grave do que se pensaba inicialmente, e Apple tería procedido ao bloqueo da aplicación porque estaba a empregarse para a distribución de pornografía infantil.
Tumblr emprega dende hai tempo unha base de datos de material sensible, para bloquear a subida á súa plataforma en liña, peor finalmente descubriron nos seus sistemas contidos que non terían sido detectados antes, polo que procederon ao seu borrado e aseguran estar a tomar medidas para reducir a posibilidade de que volva a emerxer contido ilegal á súa plataforma. Confían en que a aplicación para iOS volva estar dispoñible en breve.

PUBLICIDADE