Apple Pay convértese no sistema de pagamento sen contacto máis usado nos EE.UU.
martes, 28 de outubro do 2014
A fuga de talentos de The Wall Street Journal a Re/code non
impediu que quixeran repetir os seus encontros con figuras relevantes da
industria tecnolóxica, e entre os dÃas 27 e 29 están a celebrar en Laguna Beach
(California) o WSJ.D, evento que
conseguiu certa repercusión grazas principalmente por contar con Tim Cook entre
os seus relatores.
A participación do director xeral de Apple resultou de grande interese por
chegar pouco despois da presentación dos novos iPad e a posta en marcha do
servizo Apple Pay, e precisamente foi o escenario elixido por Cook para dar a
coñecer que este sistema de pagamentos creado por Apple conseguiu en poucas
horas liderar os sistemas de pagamento sen
contacto nos EE.UU., sumando máis usuarios que todos os seus competidores
xuntos. Ao parecer, en
72 horas Apple terÃa activado un millón de tarxetas en Apple Pay.
O lanzamento de Apple Pay está a resultar bastante polémico nos EE.UU., por
xurdir incidencias nos pagamentos (usuarios aos que algunha compañÃa cargou os
pagamentos por duplicado) e por mor de certas cadeas de tendas que tiñan
instalados TPV compatibles con Apple Pay e que optaron por desactivarlles o NFC
para forzar aos clientes a empregar as súas plataformas de pagamento en vez da
de Apple.
Cook tamén explicou a descatalogación
do iPad classic asegurando que tiveron que
deixar de producilo por non poder conseguir os seus compoñentes no mercado,
non resultando rendible un redeseño do produto para adaptarse aos compoñentes
dispoñibles actualmente.
- Tim Cook foi o participante estrela do WSJ.D