Amazfit X: a pulseira de actividade que quere ser smartwatch
mércores, 29 de abril do 2020
O
último smartwatch de Amazfit non vai chegar directamente ás tendas, senón que
vai ver a luz a través dunha campaña de micromecenado artellada en Indiegogo.
Este novo trebello é o Amazfit
X, que conceptualmente achéganse ao concepto das pulseiras
deportivas Galaxy Gear Fit, ao estar baseado nunha pantalla curva de 2,07
polgadas (cunha resolución de 206 x 640 pÃxeles), aÃnda que nesta ocasión temos
un produto que grazas aos avances dos últimos anos é moi completo.
O Amazfit X ten un sensor de ritmo cardÃaco, mide o osÃxeno en sangue, fai un
seguimento do sono, ten modos multi-deporte para rexistrar a actividade fÃsica,
ten un corpo de metal, é resistente á auga (até 5 atmosferas) e a súa autonomÃa
chegarÃa até os 7 dÃas.
Dende Huami aseguran que o formato de pantalla do Amazfit X permite amosar un 250%
máis de información que a pantalla dun Apple Watch Series 4, e como sistema de
control optan por unha pantalla táctil sensible á presión (e con responsa vibratoria),
co que conseguen un deseño minimalista. Tamén permite seleccionar entre
numerosas esferas de reloxo (con máis de 40 widgets).
Podemos entender asà que o Amazfit X aspira a comercializarse como un
smartwatch con forma de pulseira, en vez de ser unha pulseira de actividade,
como un xeito de xustificar o seu prezo que parte dos 138 euros, e que entrarÃa
máis na liña de reloxos conectados que de pulseiras como a Mi
Band 4 (á venda actualmente por 29,99 euros). O Amazfit X pretende chegar aos seus mecenas no mes de agosto.
Non está nada claro que este produto vaia ter unha acollida comercial
comparable á das pulseiras deportivas de fabricantes chineses, pero cando menos
o seu financiamento está máis que garantido, multiplicando varias veces a
cantidade fixada como obxectivo na súa campaña de micromecenado a poucas horas
do se inicio.
- O Amazfit X permite monitorizar o descanso nocturno
VÃdeo promocional do Amazfit X