AJE Ferrolterra retoma a actividade cun obradoiro de networking e dúas xornadas sobre dixitalización

luns, 24 de maio do 2021 S. P.

AJE Ferrolterra retoma a actividade este mes de maio con varias xornadas que se poñen en marcha esta semana. En primeiro lugar este mércores 26 de maio, ás 09.00 horas no Parador de Ferrol, terá lugar unha nova sesión de networking cun aforamento limitado a 20 participantes, das que, segundo informa a organización, quedan as últimas para completarse, e garantindo todas as medidas de seguridade. En palabras de AJE Ferrolterra, “trátase dunha xornada na que os participantes poderán presentar os seus negocios e facer contactos en dous minutos ao resto das persoas asistentes”.
Tamén se iniciarán esta semana as xornadas de dixitalización con dúas sesións que se celebran os días 26 de maio e 2 de xuño en horario de 16:30h a 19:00h e que tratarán, respectivamente, sobre Marketig dixital e ferramentas aplicadas á promoción da empresa, impartida por Leticia Prada, e sobre Oficina Virtual: ferramentas para a dixitalización do teu negocio impartida por Eva González de Computer-3.
As persoas interesadas en participar en calquera das xornadas poden inscribirse na través dun formulario específico online para o networking e outro para as xornadas de dixitalización.

PUBLICIDADE