A webserie Peter Brandon estréase en YouTube

martes, 29 de maio do 2018 Marcus Fernández

A webserie Peter Brandon. Unha vida pola comedia, que conseguiu desenvolverse grazas a facerse co Premio ao mellor proxecto de webserie en galego do Carballo Interplay do ano 2016, completou finalmente a súa xira de eventos e festivais nas que proxectouse en primicia, de xeito que a terceira serie de Porco Bravú por fin pode verse en liña, a través de YouTube con subtítulos en inglés e español, rematando así co paradoxo de ser unha webserie que non estaba publicada na Internet.
Este proxecto de Porco Bravú, colectivo que xa conta no seu haber con tres Premios Mestre Mateo na categoría de Mellor serie web, consiste nunha comedia protagonizada por Pedro Brandariz na que satirizan o sector audiovisual galego a través de varios personaxes inadaptados. Destacan a presenza de moitas caras coñecidas como Xosé Touriñán, Marcos Pereiro, María Tasende, David Amor, Evaristo Calvo ou Isabel Risco.
Dende Porco Bravú recoñece que Peter Brandon é unha comedia dramática con referencias claras a series como Louis CK ou Ricky Gervais, un ton pouco habitual no audiovisual galego, como vén ser habitual nas producións deste colectivo que creou obras como as webseries Conversas con Cunqueiro e El Método Sueco e a curtametraxe El Comediante.

Primeiro episodio de Peter Brancon

PUBLICIDADE