A web do Concello de O Carballiño vítima dun ataque informático

martes, 9 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Versión modificada de Carballino.org

A páxina web do Concello de O Carballino leva dende onte fóra de servizo tras un ataque informático, que se concretou no defacing da páxina para amosar a mensaxe «!!!..One Turk Against The World..!!!» obra do grupo 1923Turk e do que se pode consultar unha copia na web.
Durante a xornada de hoxe a web non estivo operativa, e mesmo chegáronse a ver as pantallas de instalación de CMS Joomla no lugar no que debería estar a web do Concello. O técnico que administra este espazo atribúe o ataque á casualidade, e tamén confirma que denunciará o acontecido ante a Garda Civil que investiga os delitos informáticos.

PUBLICIDADE