A tradución do software libre ao galego estrea festival en Ordes

luns, 11 de outubro do 2010 Marcus Fernández

O vindeiro sábado a Casa da Cultura de Ordes vai acoller o primeiro festival de tradución de software libre ao galego, Trasnada ’10, organizado pola asociación Trasno como unha xuntanza que busca o encontro de todos os tradutores de software libre ao galego para dar certo pulo aos distintos proxectos de localización xestionados e mellorar a súa coordinación de cara ao futuro.
Este evento de traballo semipúblico para o avance da localización ao galego tamén contará cun espazo de formación para novos tradutores, de xeito que os interesados en introducirse neste mundo deberán acudir ao evento co seu propio equipo.
Trasnada ’10 é posible grazas á Asociación Cultural Inestable e o Concello de Ordes, así coma do patrocinio de Mabishu, Openhost e a Xunta de Galicia.

PUBLICIDADE