A parodia da campaña de Loewe, novo éxito na Rede

luns, 19 de marzo do 2012 Fernando Sarasketa

Prestarse a unha estratexia de marketing dunha marca de roupa e complementos para xente que move millóns e euros e, nestes tempos nos que, quen máis quen menos, move somentes moedas, non semella unha boa campaña de autopromoción. E máis se temos en conta que a roupa e complementos son só, a fin de contas, roupa e complementos. De aí que sexa tan polémico o vídeo de Loewe, que xa podemos ver na Rede, no que se dá conta da súa campaña primavera-verán 2012: porque semella querer impoñer como positivo e normalizado que a mocidade gaste nun bolso unha cantidade de cartos que outros darían un brazo por conseguir. O vídeo, no que participan actores galegos, xa foi parodiado sen piedade.
E foi parodiado en parte polo que predica e en parte pola propia participación deses e outros actores. Segundo se conta na Rede, a parodia xa é un éxito en YouTube, moito máis visto que o vídeo orixinal, o que fai que unha boa parte da comunidade en liña se faga arestora a mesma pregunta: na campaña de Loewe xa se contaba con isto e todo foi unha estratexia premeditada ou de verdade a cousa se lle foi das mans? Sexa como sexa, o vídeo no se ataca á exclusiva marca de roupa conseguiu 300.000 visitas en dous días, unha cifra de seguimento que está a anos luz do acadado pola peza orixinal.

PUBLICIDADE