A mocidade de Ponteareas sácalle punta ao seu talento en robótica
mércores, 17 de abril do 2019
O
Concello de Ponteareas, a través da ConcellerÃa de Benestar Social,
Igualdade e Mocidade que dirixe Verónica Carrera, organizou
esta semana, entre o luns e hoxe, un Obradoiro de Iniciación á
Robótica e á Programación co mClon.org encamiñado a mozas e
mozos de secundaria e bacharelato. A edil agradeceu este mércores
a implicación do alumnado, salientando o alto número de alumnas e
alumnos na actividade que remata hoxe logo de tres dÃas de
aprendizaxe e diversión.
A
cita, que veu da man da dita ConcellerÃa e da iniciativa docente
Roboteach, ofreceu un total de quince prazas. A actividade formou
parte do programa especÃfico xuvenil de Ponteareas, Mocidade
Viva.
Para quen non o saiba, mClon
é un robot educativo de baixo custo baseado no hardware-software
libre Arduino e que salienta pola súa versatilidade para dar forma a
múltiples enxeños e para adaptarse a unha manchea de niveis
educativos. Está especialmente indicado para traballar en secundaria
e bacharelato.