A investigadora do CITIC Thais Pousada realiza unha estadÃa na Lithuanian University of Health Sciences
xoves, 24 de xuño do 2021
A
investigadora
do CITIC Thais Pousada visitou a semana pasada a Lithuanian
University of Health Sciences (LSMU), institución coa que a
Universidade da Coruña acaba de asinar un convenio para facilitar a
mobilidade entre estudantes e profesores.
Durante
a súa estadÃa, a investigadora puido coñecer as caracterÃsticas
de diferentes proxectos de investigación e de terapia ocupacional da
institución lituana, asà como visitar diferentes centros de
intervención clÃnica e tecnolóxica. Ademais, tamén impartiu
varias clases sobre produtos de apoio e impresión 3D para terapia
ocupacional e participou na defensa dos TFG dos seus estudantes.
Segundo
informa o Centro de Investigación TIC da UDC, no que Pousada é
investigadora, a LSMU é unha das mellores e máis grandes
institucións de educación superior para ciencias biomédicas en
Lituania, con case 100 anos de experiencia académica e un gran
potencial de desenvolvemento. O ensino e a investigación médicas
baséanse principalmente na cooperación coa institución sanitaria
máis grande dos Estados bálticos: o Hospital de LSMU Kauno
Klinikos.