A impresora láser de cor máis pequena do mercado

xoves, 9 de novembro do 2006 Marcus Fernández

Samsung pode presumir de ter a impresora láser de cor máis pequena do mercado coa súa CLP-300, que só mide 39 x 34,2 x 26,4 cm. e pesa 13 Kg. Ademais, a nova impresora emprega tecnoloxía NO NOIS de redución de ruídos (de xeito que non supera os 49 dB, o que agradecerán os usuarios) e ten unha impresionante resolución de 2.400 x 600 dpi.
A Samsung CLP-300 emprega cartucho en vez do tradicional formato para o tóner, imprime 17 páxinas por minuto en blanco e negro e 4 páxinas por minuto en cor. O seu prezo no mercado anda polos 249 euros.
A nova impresora está catalogada para un uso de ata 24.000 páxinas/mes, existe unha versión con interface Ethernet, e no modelo normal conta con conectividade USB 2.0, sendo compatible tanto con Windows coma con ordenadores con Mac OS X ou Linux.

PUBLICIDADE