A galega Senssia estrea blog

luns, 25 de maio do 2015 Redacción

A empresa galega Senssia, centrada en equipamento de mobiliario para cociña e baños, vén de sacar blog de seu, un espazo propio co que “mellorar o servizo aos clientes” e “compartir información”. Segundo sinalan os responsábeis da firma, a posta en marcha do caderno Sabias que? (accesíbel na sección área privada) responde a unha estratexia de ofrecer novos modelos de comunicación que faciliten o contacto directo cos clientes, reais e potenciais. A nova canle únese aos perfís que a empresa ten activos nas redes sociais co obxectivo de achegar datos e respostas en tempo real.
No blog pódense consultar novas referentes a diferentes áreas (comercial, produción, produto, etc) subministrando información nova, ideas e consellos que axuden aos usuarios dos produtos de Senssia a mellorar os seus resultados. O caderno, engaden fontes da empresa, tamén se complementa cun boletín informativo directamente encamiñado á conta de correo electrónico dos seus clientes, e coa web corporativa tradicional, senssia.com.

PUBLICIDADE