A docente da UDC, Nieves Pedreira, de estadía no KMi da Open University
xoves, 11 de maio do 2023
Nieves
Pedreira Souto, docente do Departamento de Ciencias da Computación e
Tecnoloxías da Información, atópase actualmente de estancia no KMi
(Knowledge Media Institute) da Open University en Milton Keynes
(UK), con financiamento do CITIC da UDC. Antes de finalizar dita
estadía, o mércores 24 de maio, ás 1200 horas no Podio KMi
(Edificio Berrill), impartirá unha charla denominada Improving
Immersive Civic Engagement with Politics. Dito coloquio encádrase
dentro das múltiples presentacións que ofrece o KMi ao convidar e
animar a relatores externos a presentar as súas propostas de
investigación.
“Dar
forma ás propias posicións políticas antes dunhas eleccións
xerais é unha tarefa común pero moi complexa para calquera cidadán
dunha sociedade democrática; e está pobremente soportada polas
tecnoloxías CSCW existentes hoxe en día. Propoñemos un método e
un sistema alternativos que seguen os principios da intelixencia
colectiva e permiten mellorar a comprensión e as predicións
colectivas, a partir da agregación e a análise de interaccións
individuais dinámicas”; este é o resumo principal da charla que
se pode consultar na web oficial do KMi.
