A directora da AMTEGA sinala en Madrid as vantaxes da transformación dixital para as Administracións Públicas
martes, 21 de maio do 2019
- Imaxe de Daniel Vega durante o panel desta mañá
Pasar dunha Administración reactiva e xeneralista a uns
servizos públicos proactivos e personalizados é un dos obxectivos principais do
Plan de Administración e Goberno Dixital 2020, que está a desenvolver a
Xunta de Galicia. Asà o destacou a directora da Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, durante a súa intervención esta
mañá no Digital Enterprise Show (DES) 2019, que se está a celebrar en Madrid.
O DES é un evento internacional para directivos sobre dixitalización, que
celebra este ano a súa cuarta edición. O certame, que se consolida como o maior
foro profesional europeo sobre transformación dixital, reúne en Madrid entre
hoxe e o dÃa 23 de maio, a máis de 20.000 profesionais de todo o mundo para
coñecer as tecnoloxÃas que están a impulsar a competitividade e novos modelos
de negocio para empresas.
A directora da AMTEGA participou, xunto con responsables das Comunidades de
Madrid, AndalucÃa, Valencia e Cataluña, no panel
Digital First. Innovación 4.0 e
dixitalización nas Administracións Públicas no que abordaron os
principais desafÃos autonómicos no desenvolvemento das estratexias de
transformación dixital e expuxeron os plans en marcha e obxectivos das súas
comunidades neste ámbito.
Mar Pereira sinalou que para acadar a transformación dixital son precisos,
tanto liderado polÃtico, como capacidade executiva para desenvolver un proxecto
que teña impacto transversal na organización, ademais de orzamento e tempo.
Neste sentido, Galicia leva traballando desde 2010 na dixitalización da
Administración cunha estratexia planificada, primeiro o Plan de Modernización
da Administración e agora o Plan de Administración e Goberno Dixitais 2020, que
cunhas medidas definidas permitiron investir en plataformas e infraestruturas
tecnolóxicas, medidas de seguridade e capacitación dixital, tanto dentro como
fóra da Administración para evitar a fenda dixital.
A directora da Axencia afondou na necesidade de que todas estas medidas vaian
acompañadas do marco xurÃdico adecuado e lembrou que en Galicia está en trámite
parlamentario o Proxecto de Lei de Administración Dixital, que busca acadar un
marco normativo único para consolidar unha administración integramente dixital,
máis accesible e proactiva.
Por último, a directora da AMTEGA destacou a importancia da cooperación
interinstitucional en todo este proceso para facilitar un modelo conxunto de
servicios que facilite a reutilización e a interoperabilidade entre
administracións. A Xunta de Galicia ten a disposición dos concellos e
deputacións unha carteira de servizos dixitais para facilitar a incorporación
das entidades municipais, especialmente das máis pequenas, á transformación
dixital.