A certificación Wi-Fi 6 por fin é oficial

luns, 16 de setembro do 2019 Marcus Fernández

O ano pasado anunciouse que o estándar de comunicacións sen físo IEEE 802.11ax simplificaría o seu nome de xeito que coñeceríase como Wi-Fi 6, mentres que os estándarse Wi-Fi AC e Wi-Fi N pasarían a chamarte Wi-Fi 5 e Wi-Fi 4, facilitando así a comparación entre as distintas xeracións por parte dos consumidores.
Pero esta tecnoloxía, pese a que xa se inclúe en dispositivos como o Samsung Galaxy S10 (que xa leva uns cantos meses no mercado), fíxose hoxe mesmo oficial, de xeito que a partires de agora os dispositivos que funcionan co estándar IEEE 802.11ax poderán solicitar a certificacións Wi-Fi 6, sendo o primeiro smartphone en superar tal procedemento o Samsung Galaxy Note10, existindo xa toda unha serie de routers e outros dispositivos de rede certificados, de xeito que os usuarios poden adquirir hardware coa garantía de que funcionará a grande velocidade e estará adaptado ao estándar que se imporá nos vindeiros anos nas conexións sen fíos fixas.
Cómpre lembrar que o iPhone 11 tamén será compatible con Wi-Fi 6, polo que a nova certificación chega xusto a tempo para o seu lanzamento (o vindeiro venres).

PUBLICIDADE