A aula CeMIT do Concello de Boiro amplía a oferta formativa de cursos presencias nos meses de marzo e abril

venres, 4 de marzo do 2022 S. P.

A aula CeMIT do Concello de Boiro ampliou a oferta de cursos de formación en novas tecnoloxías dixitais para os meses de marzo e abril con xornadas presenciais. Toda a información sobre os cursos e a inscrición nos mesmos pode consultase directamente no centro de capacitación TIC boirense, emprazado no Centro Social de Boiro, ou ben a través do seu espazo web.
No mes de marzo vaise impartir un curso presencial de manexo básico do teléfono móbil, que será do 21 ao 24 de marzo de 10.00 a 12.30 horas. Este curso complementa á formación en modalidade online que se está a levar a cabo durante este mes na aula CeMIT. No mes de abril vaise impartir a formación Inicio á informática e Internet, que terá lugar entre o 25 e 29 de abril en horario de 10.00 a 12.30 horas.
Toda a información sobre os cursos de formación na Aula CeMIT do Concello de Boiro situada no Cento Social de Boiro, ou a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org, o teléfono 981 84 26 35, ou o móbil 629 769 139.

PUBLICIDADE