A Xunta achegará 5 millóns en axudas para a dixitalización de preto de 800 obradoiros artesanais

xoves, 16 de setembro do 2021 S. P.

O Goberno galego anunciou que vai conceder 5 millóns de euros en axudas a 773 comerciantes e obradoiros artesanais para impulsar a modernización e dixitalización dos seus negocios.
A nova foi dada a coñecer polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que explicou que estes apoios veñen con dúas liñas: unha destinada á dixitalización comercial (con 2.188 actuacións, entre as que destacan a mellora da imaxe dixital ou a creación de páxinas web) e outra á adquisición de equipamentos propios da actividade comercial (con 141 actuacións).
Tamén fixo saber que que “esta non é a única medida que se está a poñer en marcha no ámbito autonómico para axudar ao sector a adaptarse aos novos hábitos de consumo, lembrando por exemplo o impulso do Bono Activa Comercio, que xa leva mobilizados 18,3 M€ e foi descargado por 210.000 persoas”.

PUBLICIDADE