A UDC e o ITG desenvolverán un centro de excelencia internacional en IA e drons na Cidade das TIC
xoves, 9 de decembro do 2021
O reitor da
Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o director Xeral do Instituto Tecnológico
de Galicia (ITG), Carlos Calvo, asinaron
esta mañá un acordo para a cesión dun espazo na Cidade das TIC para a
creación dun Centro de Excelencia en Investigación e Desenvolvemento de
referencia internacional no ámbito da Intelixencia Artificial e as TIC
orientadas ao desenvolvemento dos Sistemas Aéreos Non Tripulados (drons),
denominado Galaxy-lab.
O convenio asinado
hoxe na ReitorÃa, que terá unha vixencia inicial de dez anos prorrogables, concreta
a cesión da nave número 14 (garaxe) da Cidade das TIC para a instalación deste
Centro de Excelencia Internacional, Galaxy-lab, destinado á experimentación con
drons no ámbito do transporte de pasaxeiros e mercadorÃas en zonas urbanas, asÃ
como para demostración e proba de produtos para empresas.
A Universidade da Coruña
tamén achegará a este proxecto o seu coñecemento e investigación punteira en
Intelixencia Artificial, realizada no Centro de Investigación TIC (CITIC), o
maior centro de investigación en Intelixencia Artificial de Galicia.
Será por conta de
ITG a realización das obras, adquisición de infraestruturas asà como o
mantemento e conservación do edificio cedido. O Instituto Tecnológico de
Galicia asinou a principios deste mes un convenio de colaboración coa Xunta de
Galicia mediante o cal o Goberno galego achegará algo máis da metade do
investimento previsto para a posta en marcha do proxecto Galaxy-lab, con preto
de 580.000 euros dos 1,16 millóns de euros de custe total. Este orzamento
permitirá o desenvolvemento dunha rede de seguridade, adquisición de equipamento
especÃfico e licenzas necesarias para realizar as probas de experimentación.
O proxecto Galaxy-lab
permitirá reforzar a fortaleza competitiva do Polo Aeroespacial de Galicia e
avanzar no despregamento do sistema de xestión do tráfico aéreo non tripulado
deseñado pola UE, axustar os sistemas
de xeoposicionamento e coordinar un espazo aéreo controlado real. Tanto o
reitor, Julio Abalde, como o director do ITG, Carlos Calvo, coincidiron en
sinalar que este laboratorio forma parte da estratexia da Xunta de Galicia
referente aos avións non tripulados.