A UDC conseguiu 3,8 millóns do Ministerio de Ciencia para proxectos de transición ecolóxica e dixital
mércores, 21 de decembro do 2022
A
Universidade
de Coruña acadou 3,8 millóns de euros do Ministerio de Ciencia e
Innovación a través das súas axudas a proxectos de transición
ecolóxica e dixital. A UDC destinará esta contÃa ao impulso de 23
iniciativas.
O
Centro de Investigacións TIC (CITIC), capta 1.733.625 euros para dez
proxectos; a Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa de Camiños,
Canais e Portos, 665.390 para catro proxectos; o Centro
Interdisciplinar de QuÃmica e BioloxÃa, CICA, 380.650 euros para
dous proxectos; o Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e
Industriais, CITENI, 333.600 para dous proxectos; a Facultade de
Ciencias, 239.430 para un proxecto; a Escola Politécnica de
EnxeñarÃa de Ferrol, 212.750 para un proxecto; a Escola Técnica
Superior de Arquitectura, 139.150 para un proxecto; a Facultade de
Informática, 87.630 euros para un proxecto; e a Facultade de
Dereito, 49.220 para un proxecto.
En
total, o Ministerio de Ciencia e Innovación concedeu 288 millóns de
euros a 1.711 propostas orientadas á transición ecolóxica e
dixital presentadas polas universidades e centros de investigación.
Estas
axudas, financiadas con fondos europeos do Plan de Recuperación,
Transformación e Resiliencia, teñen como obxectivo fomentar as
actividades de I+D+I para incrementar a competitividade e o liderado
internacional da ciencia e a tecnoloxÃa españolas a través da
xeración de coñecemento cientÃfico e mediante unha investigación
de calidade orientada cara á transición ecolóxica e á transición
dixital, segundo explica o Ministerio.
En
concreto, os proxectos de transición ecolóxica están dirixidos á
mitigación do cambio climático, a adaptación ao cambio climático,
o uso sustentábel e a protección dos recursos hÃdricos e mariños,
a economÃa circular, a prevención e control da contaminación e a
protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.
Pola
súa parte, os proxectos de transición dixital pretenden potenciar
as infraestruturas, competencias e tecnoloxÃas necesarias para unha
economÃa e unha sociedade dixital a través da dixitalización de
toda a cadea de valor en sectores tractores.