A UDC comparte o seu programa para celebrar a Noite Europea das Persoas Investigadoras
mércores, 15 de setembro do 2021
A
Universidade da Coruña compartiu este 15 de setembro o seu programa
para celebrar a Noite Europea das Persoas Investigadoras, que se
conmemora o 24 deste mes nunhas 4.000 cidades europeas, acollendo de
xeito simultáneo diversos actos e eventos organizados para difundir
a ciencia. Trátase dunha iniciativa con dez anos de traxectoria e
que chega por primeira vez á Galicia. Pola nosa terra, sumáronse as
Universidades de Coruña (UDC) Santiago (USC) e Vigo (UVigo). Xuntas
organizarán de xeito conxunto diversas actividades nas sete cidades
de Galicia, abertas ao público en xeral, co lema de G-Night
(Galicia Night).
No
caso da UDC, o reitor da
Universidade da Coruña, Julio Abalde, a coordinadora da Unidade de
Divulgación CientÃfica e Cultural da UDC, Cristina Naya, e o
concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria
e Emprego, Jesús CelemÃn, presentaron
o programa de actos organizado pola institución académica para as
cidades da Coruña e Ferrol. A G-Night da Coruña e Ferrol
está organizada con actividades en horario de mañá, tarde e noite,
abertas ao público en xeral e ás que haberá que inscribirse na web
a partir do 17 de setembro. Na Coruña haberá visitas guiadas aos
centros de investigación da Universidade, CITEEC e CITIC. Tamén
haberá visitas guiadas ao MUNCYT, asà como obradoiros e debates
sobre as vacinas. No Acuario, o CICA organiza diversos obradoiros
sobre algas mariñas e o problema dos microplásticos. O CICA
organiza tamén o concurso de fotografÃa dixital Green Contrasts.
Na Domus, desenvolveranse charlas cientÃficas e obradoiros. Tamén
está previsto que haxa actividades en distintos centros de
secundaria da cidade con obradoiros de enerxÃa eólica, bioloxÃa ou
quÃmica. Finalmente, no bar La Consentida haberá charlas sobre
ecoloxÃa.
En
Ferrol, o CIT acollerá varios obradoiros de diversas temáticas como
robótica, Realidade Aumentada ou tecnoloxÃa láser, entre outras.
Tamén está previsto realizar unha visita guiada á lagoa de
Doniños. Ademais destas actividades en formato presencial
realizaranse outras en liña a través da web do
G-Night. Todas as actividades son gratuÃtas, previa
inscrición.
No
caso da UVigo e a USC compartiremos o programa completo de actividades ao longo destes
dÃas.