A UDC abre ao público xeral as instalacións do CITEEC cunha visita virtual

xoves, 12 de novembro do 2020 S. P.

A Agrupación Estratéxica do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (A-CITEEC) puxo a disposición do público en xeral o CITEEC e outros laboratorios da UDC cunha visita virtual. O formato deste percorrido interactivo é de panorámicas en 360 grados das instalacións dos laboratorios, con vídeos explicativos de varias das investigacións que se están levando a cabo, ademais de documentación e enlaces a páxinas web.
A Agrupación Estratéxica promoveu ademais unha sección virtual destinada á divulgación científica infantil, a Mini CITEEC, con vídeos breves dirixidos a nenos e nenas nos que se explica “de forma clara e atractiva” o que se investiga nos laboratorios de Hidráulica e de Portos. A estes unirase outro audiovisual sobre o laboratorio de Construción. A visita virtual pode facerse xa a través da páxina web da Universidade da Coruña.

PUBLICIDADE